11 septiembre, 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiron esta tarde no pavillón municipal de deportes de Pontevedra xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, ao Dream Game entre o Real Madrid Baloncesto e o As Mónaco Basket, dous dos mellores equipos do baloncesto europeo e candidatos a gañar a Euroliga.
O partido de hoxe é a antesala do IX Torneo EncestaRías desta semana, que tradicionalmente se levaba a cabo no pavillón de Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, actualmente en obras, motivo polo que se trasladou a Pontevedra. Así, o venres no pavillón pontevedrés dous equipos da elite do baloncesto nacional -o Leyma Coruña e o Río Breogán- enfrontaranse ao Valencia Basket e ao propio As Mónaco e, ao día seguinte, segundo os resultados, estes catro equipos volverán competir polo terceiro e cuarto posto e na final. Cómpre lembrar o Torneo EncestaRías forma parte de EncestaRías 2024, que incluíu ademais a celebración a finais de agosto de EncestaRía Ferrol cun partido de baloncesto feminino e un torneo de 3×3. A Xunta apoiou este evento cunha achega de 20.000 euros para os partidos en ambas cidades
Alerta