18 septiembre, 2021
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia acompañado do alcalde da Estrada, José López Campos, participou onte na inauguración do 5º Salón do Vehículo de Ocasión que se celebra no recinto feiral da Estrada ata o vindeiro domingo, 19 de setembro.
O director xeral destacou o importante papel que este recinto ten na dinamización económica da Estrada e no impulso do sector comercial da zona que está presente neste salón pero tamén nos distintos eventos que se realizan ao longo do ano.
Nesta ocasión, daranse cita un total de 15 firmas expositoras e preto de 400 vehículos de ocasión e tamén seminovos tanto eléctricos, como híbridos, diesel e gasolina. O horario será ininterrompido de 11 a 20 horas e o prezo da entrada será dun euro, sendo o acceso válido para todos os día que dura o evento.
Alerta