15 enero, 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza co presidente do CD Bosco Celta Femxa Zorka Baloncesto, Carlos Álvarez, na que avanzou que o Goberno galego xa estuda novas liñas de colaboración co club vigués.
Na reunión celebrada na Delegación Territorial, a representante autonómica felicitou ao máximo responsable do equipo pola traxectoria na máxima categoría do baloncesto. O equipo vigués é un dos clubs máis laureados tanto a nivel rexional como nacional. Ao longo da súa historia logrou 5 campionatos de liga e 6 subcampeonatos, 4 copas da raíña e 5 subcampeonatos e proclamouse campión da copa de Galicia en 12 ocasións.
Ortiz subliñou que a Xunta ten en marcha varias liñas de acción en prol do deporte galego feminino e do fomento da igualdade neste eido, como campañas específicas en recintos deportivos, apoio aos clubs, patrocinios e iniciativas de divulgación con deportistas referentes.
Alerta