18 marzo, 2025
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, visitaron hoxe o Centro de investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación, AtlanTTic, da Uvigo, para coñecer as súas liñas de investigación e actividade. Este centro, no que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 4M€, forma parte da Rede CIGUS que agrupa aos dez centros de investigación excelente do Sistema Universitario de Galicia.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacaron o traballo dos 136 investigadores de AtlanTTic, que desenvolven o seu labor en tres grandes áreas de I+D+i para atender retos da sociedade e do tecido produtivo. En concreto, nas comunicacións, nos servizos dixitais e na ciberseguridade.
Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros conxuntos de ambos departamentos da Xunta aos centros de investigación e tecnolóxicos para propiciar sinerxías e maior colaboración entre eles, tamén se puxo en valor o apoio do Goberno galego a este centro de investigación, no que se leva investido máis de 4M€ das convocatorias de centros de excelencia e de equipamento científico, entre outras.
O centro AtlanTTic naceu no ano 2010 coa visión de constituírse como un actor clave a nivel internacional no avance da I+D+i. Desde entón, ten acadado numerosos logros. Entre eles, destaca a obtención en 2024 de máis de 11M€ de financiamento competitivo ou as 128 novas publicacións do pasado ano, o 41% en coautoría internacional, así como os 77 novos contratos e convenios con empresas en 2024 por un valor de case 2,7M€.
Destaca tamén o importante labor de transferencia de coñecemento que realiza o centro, que participou con cinco proxectos no programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia para levar ao mercado os resultados da súa investigación e dos que resultaron a creación de dúas spin-offs e un acordo de licenza coa industria.
Concepto da Xunta de Galicia para levar ao mercado os resultados da súa investigación e dos que resultaron a creación de dúas spin-offs e un acordo de licenza coa industria.
Alerta