10 noviembre, 2024
A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao celebrou hoxe un encontro de profesionais baixo o título “Novo escenario para a profesión de redeira“, baixo o patrocinio da Xunta. A finalidade do evento foi abordar os retos, oportunidades, novidades do novo escenario económico e a procura da mellora da profesionalización deste colectivo de profesionais así como a loita contra a falta de remuda xeracional. Alí, as profesionais intercambiaron experiencias e boas prácticas destinadas a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a promover o papel da muller nas comunidades de pescadores.
No evento, cofinanciado con fondos europeos, participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, que manifestou o interese da Consellería do Mar de impulsar foros onde as protagonistas sexan as profesionais ligadas ao mar. En especial, as 129 mulleres integrantes da Federación pertencentes a oito asociacións de redeiras repartidas por todo o litoral galego, que desenvolven a súa tarefa profesional como redeiras no sector da pesca. Villaverde subliñou a necesidade de visibilizar esta profesión esencial para o desenvolvemento do propio sector.
Alerta