A XUNTA PLANIFICA EN VIGO A NOVA ESTRATEXIA TURÍSTICA DE GALICIA 2024-2030 EN COLABORACIÓN CO SECTOR
diariodevigo
22 noviembre, 2023
A delegada territorial, Ana Ortiz, destaca como piar fundamental do futuro plan “a sustentabilidade, tanto económica como social e ambiental”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na mesa de traballo celebrada en Vigo para deseñar a diagnose que servirá de base para a Estratexia Turística de Galicia 2024-30 de xeito participativo coas aportacións do sector. Co encontro organizado en colaboración co Clúster do Turismo, o Goberno galego pretende dar cabida a todos os profesionais e recopilar información para incluír a súa
visión e suxerencias.
“Esta futura estratexia terá como un dos seus piares fundamentais a sustentabilidade tanto económica, social como ambiental”, sinalou a
representante autonómica. Ana Ortiz lembrou que dende o ano 2021 ata finais deste 2023 a línea de traballo da Xunta en materia turístca estivo marcada pola planificación realizada trala pandemia co Plan Director “Galicia Destino Seguro”
Ademais, engadiu que agora a Xunta de Galicia, por medio de Turismo de Galicia, xa está a planificar a próxima polo que comenzou cun proceso de
diagnoses previo que permitirá coñecer “de manera analítica e, dende unha visión de conxunto, o estado de situación” do turismo en Galicia para elaborar a futura folla de ruta.
“A Xunta foi quen de levar a cabo a reactivación turística de Galicia trala crisis sanitaria provocada pola Covid-19 e recuperar, e mesmo superar, indicadores de ocupación e rentabilidade anteriores á pandemia”, apuntou. Destacou tamén que na actualidade, grazas a colaboración público-privada, están realizándose 20 mesas de traballo en toda Galicia -sei s na provincia de Pontevedra- nas que participan distintos axentes públicos e privados do sector e que xa contaron coa participación de máis de 270 persoas. Así, ata o 1 de decembro, analízanse a situación actual valorando as necesidades e os retos para os próximos anos e se recolle información directa dos axentes do sector.