11 noviembre, 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto de entrega de diplomas das accións formativas levadas a cabo pola Asociación de industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime) e apoiadas pola Xunta no marco da convocatoria deste ano para o fomento da prevención de riscos laborais. Alí, destacou a aposta do sector metalmecánico por este tipo de actuacións co gallo de garantir contornas de traballo saudables e seguras.
En concreto, os cursos incidiron nas novas formas de organización do traballo, na dixitalización e na intelixencia artificial no campo da xestión dos riscos ergonómicos e psicosociais no sector metalúrxico galego, así como en disciplinas concretas como a ponte guindastre e polipastos, as carretillas elevadoras e os traballos en plataforma elevadora móbil de persoas. Tamén abordaron as emerxencias e primeiros auxilios ou os accidentes laborais en relación á idade ou ao estrés das persoas traballadoras.
Alerta