30 septiembre, 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou en agosto a obra por importe de máis de 4, 3 M€
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de nove ofertas para a contratación das obras de renovación dos servizos urbanos de catro rúas correspondentes á zona xa urbanizada de San Paio de Navia, en Vigo.
O contrato foi licitado o pasado 6 de agosto, por un importe total de 4.346.844,31 euros, e un prazo máximo de execución de 12 meses.
O ámbito de realización destas obras comprende os servizos urbanos nas rúas Pedra Seixa, Poza Cabalo, Limpiño e Lamela, sumando unha lonxitude total de viarios de 1.100 metros aproximadamente, no que se realizarán reparacións nas instalacións de redes de saneamento, fecais e pluviais, pavimentación e galería de servizos e alumeado público.
Alerta