A xustiza da carpetazo ao recurso de Gonzalo Durán contra a súa condena polos insultos a Carmela Silva, que a sentencia define como “ofensivos, vexatorios, machistas e claramente sexistas”

Compartir
Foto cedida pola Deputación de Pontevedra

A resolución da Audiencia Provincial deixa claro que os ataques do alcalde de Vilanova a Carmela Silva son polo feito da súa condición de muller “o que non pode ser amparado polo dereito á liberdade de expresión”.

Carlos Font : “O goberno está moi satisfeito desta decisión xudicial que marca o camiño para os que seguen subidos no carro domachismo máis rancio. Que saiban que non todo vale. O PP ten que apartar a Durán do partido”.

 

O goberno da Deputación de Pontevedra expresou hoxe a súa satisfacción ante a sentencia da sección 2ª da Audiencia Provincial, notificada hoxe, que desestima o recurso de apelación interposto polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, fronte á condena do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra polas súas manifestacións contra a presidenta provincial Carmela Silva, a quen se referiu de “… chacha para todo…”. As declaracións machistas do alcalde do PP contra a presidenta da Deputación, provocaron a
reacción de numerosas asociacións, partidos políticos e colectivos de todo o estado e ata mobilizacións na rúa.

A resolución da Audiencia, que é firme e contra a que non cabe recurso algún, confirma na súa integridade a sentencia do Xulgado de Instrución, do 1 de xuño de 2021, que condenou a Durán como autor responsable dun delito de falta de respecto e consideración debida á autoridade, cunha pena dun mes de multa diaria de 12 euros, coa responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non pagadas, amais do pago das costas do procedemento.

O deputado Carlos Font comunicou hoxe “a satisfacción do goberno da Deputación por esta sentencia que marca un antes e un despois, e fixa o camiño de forma clara para aqueles que seguen subidos no carro do​ machismo máis rancio e da descualificación permanente”. O deputado esixiu por elo á dirección do PP que aparte a Gonzalo Durán do
partido, “non teñen outro remedio, xa non poden aprazar a decisión por máis tempo”.

Font valorou a resolución da Audiencia Provincial de Pontevedra, na que a maxistrada, nos seus fundamentos, é categórica ao afirmar que “ las manifestaciones vertidas por el recurrente no versan sobre un hecho de interés público, sino más bien es un juicio de valor (más bien de desvalor) atinente a la condición de mujer de la presidenta de la Exma. Diputación de Pontevedra, que afecta al ejercicio de la profesión de una funcionaria pública (STC 174/2006 de 5 de junio) y que lesiona el honor de la perjudicada, la frase consignada en los hechos probados contiene una opinión de su autor, en la que se emplean expresiones, palabras o términos desproporcionados, en cuanto a un significado ofensivo o vejatorio, claramente sexista y machista , en sí mismos considerados y desconectados del ejercicio de libertad de expresión constitucionalmente establecido”.

Font subliñou igualmente o que reflicte a resolución no apartado referente ao dereito á liberdade de expresión, no que se amparaba Gonzalo Durán no seu recurso. “A sentenza é moi clara”, dixo o deputado. De feito, a maxistrada afirma que “ La libertad de expresión del recurrente no le permite exhibir sus comentarios machistas y ofensivos, contra una autoridad legítimamente constituida, en efecto, el recurrente no se limita a exponer los hechos en los que no está de acuerdo con la gestión de la perjudicada al frente de la Exma. Diputación de Pontevedra, sino que lo que hace es atacar su actuación por su condición de mujer, cuestión esta que no puede ser amparada por su derecho a la libertad de expresión, en todo caso la sentencia que aquí se combate se pronuncia después de haber valorado laJuez de Instancia la declaración del recurrente en el plenario, en el cual, no solo no se retractó de sus descalificaciones, sino que se mantuvo en ellas. Las manifestaciones vertidas por el recurrente no informan sobre la actividad de la perjudicada al frente de la Exma. Diputación de Pontevedra, sino que son un ataque a su condición de mujer, por lo que no pueden entenderse amparadas por la libertad de expresión del recurrente”.

Na sentencia, tamén se cita a doutrina do Tribunal Supremo e do TEDH. “ El Tribunal Supremo ha manifestado que, aunque en el ámbito de la política y los asuntos públicos el estilo forma parte de la comunicación como forma de expresión, y que las libertades de expresión e información alcanzan un nivel máximo, debiendo los dirigentes políticos tolerar un nivel de crítica superior,​ en ningún caso los insultos quedan amparados por la libertad de expresión”