15 de febrero de 2025
2 enero, 2024
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, rexeita a suba de máis dun 8% nas tarifas bonificadas do autobús urbano en Vigo e do billete ordinario até os 1,57 euros.
«Con estas decisións unilaterais, Caballero fai que as viguesas e vigueses paguemos moito máis caro un servizo precario e insuficiente con 250 frecuencias menos que en 2019 e un mapa de liñas obsoleto», criticou
Igrexas trasladou 4 propostas: a conxelación das tarifas da Pass Vigo, equiparar o bono estudante co universitario, gratuidade para persoas desempregadas de longa duración e perceptoras de Risga ou IMV e tamén para as e os menores de 14 anos.
Mentres Carlos Font fala das tarifas contra a Xunta.
Alerta