29 agosto, 2024
Entre eles, destaca o proxecto de reforzo do muro e estabilización do talude no campo de fútbol municipal Sárdoma-Moledo, que contará cun investimento superior aos 718.000 euros.
Este proxecto é vital para reparar e estabilizar unha zona do campo que se atopa en mal estado, con un muro de 16 metros de altura que necesita un reforzo significativo.
Ademais, será aprobado o proxecto de construción dun muro de contención no parque Nelson Mandela en Navia, cun orzamento de 450.000 euros. Este proxecto inclúe a construción dunha bancada para integrar a parte superior do parque coa vía pública, así como novas escaleiras que mellorarán o acceso peonil.
Finalmente, tamén se aprobará o proxecto de substitución da cuberta do pavillón polideportivo da pista vermella das Travesas. Esta obra, cun custo de 250.000 euros, é necesaria debido ao deterioro da cuberta actual, que será substituída por unha nova estrutura de chapas de aceiro con lucernario. As obras realizaranse de maneira que non afecten ás actividades deportivas no resto do complexo das Travesas.
Alerta