Abel Caballero eloxia o valor educativo do calendario de competencias da Deputación de Pontevedra

Compartir
O alcalde nun momento da presentación dos calendarios competenciais no IES República Oriental do Uruguai. Fonte: Concello

O alcalde asistiu xunto a Carmela Silva, presidenta do ente provincial, á presentación dos calendarios competenciais 2022 para Infantil, Primaria e Secundaria que a Deputación distribúe nos centros educativos pontevedreses.

Os 8.000 exemplares nos que aparecen propostas de aprendizaxe colaborativa, actividades de lecer, educación ambiental ou consumo responsable permitirán que as familias sexan partícipes do proceso educativo dos seus fillos e fillas.