Aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022 de Tomiño

Compartir
Cabalgata. Fonte: Concello

Só se admitirán 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas no Concello. A comisión avaliadora terá en conta o deseño e proxecto da carroza, dando preferencia ás entidades de Tomiño.

 

A partir de hoxe e até o día 30 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022, organizada polo Concello de Tomiño.

Para solicitar a participación, as asociacións ou colectivos interesados deberán presentar o formulario habilitado para tal fin a través da sede electrónica do Concello de Tomiño (www.tomino.gal), acompañando unha descrición da carroza (requisito indispensable); certificado de titularidade da conta bancaria; póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante de pago do mesmo.

O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes: Reis Magos, carteiros reais e paxes.

Só se admitirán 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas no Concello. A comisión avaliadora terá en conta o deseño e proxecto da carroza, dando preferencia ás entidades de Tomiño.

Cada carroza que sexa admitida terá dereito a unha compensación económica de 800 euros.

O desfile será, como é habitual, o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellería de Cultura.