19 agosto, 2021
Adxudicadas as obras de mellora da rede de pluviais en Lamas- Meder e Cordeiro-Alxén
O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar as obras de mellora na rede de pluviais en Lamas, na parroquia de Meder, e no Cordeiro, parroquia de Alxén, co fin de mellorar os servizos e infraestruturas por un importe de máis de 46.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial
As obras a realizar en Lamas-Meder consisten na construción dun colector de pluviais, a creación dunha cuneta de 70m en terra e reparación de 165 m existentes en formigón , desbroce e limpeza, barrido lo firme e capa de rodadura en toda a carretera. Así mesmo no Cordeiro realizarase unha nova cuneta en terra, desbroce e limpeza e unha capa de rodadura nos dous tramos máis danados da estrada
WhatsApp us