30 junio, 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta animou a participar na experiencia “única” do Xacobeo no marco do dobre Ano Santo 2021-22
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta noite á entrega dos Premios de Turismo La Razón, un acto no que o responsable de Turismo da Xunta recolleu o galardón co que se recoñece o traballo do Goberno galego na organización do Xacobeo.
Alfonso Rueda agradeceu un recoñecemento que, segundo dixo, “é un aval ao traballo feito desde a Xunta en beneficio de todos os galegos”. O vicepresidente primeiro animou a participar na experiencia “única” do Xacobeo e a “camiñar a Galicia”, un destino seguro e preparado para recibir visitantes coincidindo coa reactivación do sector turístico.
O vicepresidente primeiro viaxou a Málaga, onde tivo lugar a entrega dos premios anuais organizados polo diario La Razón, que este ano chegan á súa décima edición. N.P. DdV
Alerta