28 agosto, 2021
Esta mañá visitou a Carballeira de San Xusto para
supervisar a montaxe.
“Será un día de reencontro, para coller forza e ver todo o
que temos por diante e facelo unidos”, destaca.
Sinala que velarán polo cumprimento estrito das normas e
aforos marcados polo comité clínico.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, amosa a súa satisfacción porque mañá domingo a provincia volva a ser o escenario para iniciar o novo curso político, nun acto que contará con Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo. Así o dixo durante a visita que esta mañá realizou á Carballeira de San Xusto, en compañía do alcalde Jorge Cubela, e do coordinador de Organización do PPdeG Alberto Pazos, para supervisar os traballos de montaxe.
Para Rueda, que a provincia volva a ser o centro político supón un recoñecemento ao traballo do partido na provincia. “Será un día de reencontro, aínda que somos conscientes de que non poderán estar todos os que quixeran, para coller forza, ver todo o que temos por diante e facelo unidos. Pero sobre todo servirá para marcar as prioridades da acción política do PP, non só a nivel de Pontevedra e de Galicia, senón tamén a nivel de toda España”, destaca.Así, a Carballeira de San Xusto reunirá a populares de toda Galicia, aínda que nesta ocasión cun aforo moito máis reducido que en anos anteriores para cumprir de xeito estrito coas normas e aforos marcados polo comité clínico.
Ademais, recordou que este ano o inicio do curso político dará continuidade aos congresos provinciais en Galicia. “fronte ás discusións continuas dos socialistas, ou as dúbidas dos nacionalistas, o PP sigue facendo o que se espera de nós. A nivel interno ser un partido cohesionado para destinar todo o noso tempo e esforzo para o que é importante para Galicia e para a provincia” engadiu.
Xa van catorce anos desde que o PP elixe a provincia de Pontevedra para marcar o inicio do curso político, o ano pasado non se celebrou pola pandemia, no que de novo enxalzarán a unión e a garantía de estabilidade e de progreso que
garanten os gobernos populares. “O noso partido, tan variado, tan plural e cun único obxectivo, ten que estar máis presente que nunca”.
Alerta