2 diciembre, 2021
O Concello de Ribadumia e a asociación de comerciantes locais “Ribadumia Agárdate”, teñen programadas diferentes actividades para facer deste Nadal unha época máis especial se cabe.
Con este motivo, queremos convidar a todas as persoas que o desexen, o vindeiro venres 3 de decembro, ás 20:30 na Praza do Concello ao inicio oficial do Nadal co tradicional ACENDIDO do alumeado.
E para esta ocasión, qué mellor compañía que rodearse de amigos, familia e coñecidos para celebra estas datas donde a ilusión e o amor son os protagonistas.
Como broche final do acto, que estará amenizado polo Dj local Bruno Canario, os comerciantes locais e o Concello de Ribadumia convidarán a todos os asistentes a unha chocolatada acompañada de rosca.
Finalmente, queremos recordar que xa está en marcha a campaña de recollida de xoguetes solidarios, que se poderán entregar nas propias oficinas municipais, en Bricosalnés e na taberna Os Castaños e tamén os concursos de decoración de escaparates e de balcóns e exteriores de vivendas.
Durante os vindeiros días iremos desvelando máis sorpresas!!!
Alerta