15 de noviembre de 2025

Ana Ortiz xunto a Martín e Abeijón na Festa de Teis
14 septiembre, 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, asistiron este sábado á XVII Festa Veciñal de Teis Fest 2024 onde participaron nas actividades organizadas polo colectivo na praza de Armas da ETEA.
A representante autonómica celebrou a iniciativa de confraternización dos veciños nunha xornada na que destacou a música con grupos locais e unha comida popular seguida de actividades infantís e para os máis maiores.
Alerta