4 de diciembre de 2025
18 febrero, 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este martes ao coronel da Guardia Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, e deulle a benvida como novo comandante desde o pasado 25 de xaneiro. Touceda, nado na Estrada en 1971, xa ocupou o cargo de xefe de operacións na mesma provincia e foi comandante da Garda Civil de Lugo en 2024. Anteriormente exerceu como tenente xefe do Grupo Fiscal e capitán xefe dos servizos de información da zona de Canarias.
Alerta