―A delegada territorial en Vigo participou na presentación da proba que celebra este ano a súa 60 edición da man do Real Club Náutico de Vigo
―”É unha honra que esta mítica regata continúe ligada á imaxe do Xacobeo para ofrecer unha programación socio cultural máis ampla ao longo e ancho das nosas rías”, sinalou
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves a LX Regata Rías Baixas Xacobeo 2023, que se celebrará entre os vindeiros 10 e 14 de agosto, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela.
É unha honra que esta mítica regata continúe ligada á imaxe do Xacobeo para ofrecer unha programación socio cultural máis ampla ao longo e ancho das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa difundindo os seus valores e fomentando o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”, sinalou a representante autonómica durante o acto levado a cabo na sé da entidade deportiva viguesa.
A regata, proba náutica por etapas máis importante de España, terá saída desde Vigo e contará con pasos polos portos de Combaro, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo para retornar de novo á cidade olívica. Ortiz destacou que a Xunta de Galicia apoia o proxecto da Regata Rías Baixas Xacobeo para “conseguir o
ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Galicia como foco de atención
mundial da vela, poñendo en valor ao mesmo tempo a excelencia da nosa
costa”.
A delegada territorial tamén lembrou que o Xacobeo tamén dá cobertura a
outras probas náuticas, como as rutas Iacobus Maris e Cabaleiro das Cunchas,
co obxectivo de difundir os valores do Ano Santo.