30 septiembre, 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, animou este luns ao alumnado dos obradoiros Formaweb V e MAIV 2023 a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo.
Ana Ortiz salientou a implicación da administración autonómica coa promoción do emprego na cidade de Vigo e salientou os estudos impartidos aos 32 alumnos e alumnas que participaron nos cursos durante os últimos once meses. O obradoiro Formaweb V, programa de emprego de garantía xuvenil, contonu cunha subvención de 435.830,56 euros para o desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e seguridade informática.
Pola súa banda, o curso MAIV 2023, organizado pola Mancomunidade de Vigo, contou coa mesma achega da Xunta para ofertar as especialidades de Xestión de Marketing e Comunicación e Dinamización Comunitaria.
“A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a cidade como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.
A representante autonómica enfatizou o compromiso do Executivo galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos.
Fixo así especial fincapé na ampla dimensión destes programas, por canto melloran a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.
Alerta