
10 junio, 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Ángeles Rouco, asistiron este martes á festa de verano que puxo fin ás actividades organizadas polo Centro Sociocomunitario de Teis, un dos nove centros que o Goberno galego xestiona na área viguesa.
“É fundamental ofrecer actividades que fomenten a vida activa das persoas maiores para previr situacións de dependencia e mellorar a súa calidade de vida”, sinalou a representante autonómica. Ademais, indicou que “o compromiso da Xunta de Galicia é seguir facilitando estes programas e iniciativas que axuden a manter o benestar dos maiores”.
O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.
A representante autonómica destacou que os nove centros dos que a Xunta dispón en Vigo (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario), Redondela, Baiona e O Porriño mobilizan anualmente a máis de 13.000 usuarios con preto de 400 actividades.
Alerta