ANA ORTIZ E XOSÉ MERELLES DESTACAN A VIGO COMO “REFERENCIA PARA A PROMOCIÓN DO TURISMO” EN GALICIA E O SEU PORTO COMO PUNTO DE RECALADA PARA OS CRUCEIROS
diariodevigo
19 septiembre, 2023
A delegada da Xunta en Vigo e o director da Axencia Turismo de Galicia visitaron este martes o village instalado no Paseo das Avenidas con motivo da chegada por primeira vez no mesmo día de cinco cruceiros
“Vigo xa é un referente para a promoción do turismo en Galicia, tal e como queda hoxe demostrado con cinco cruceiros que converten á cidade en punto de recalada para case 15.000 persoas”, destacou Ana Ortiz
“Con máis de 90.000 cruceiristas, Vigo volve establecerse como referencia na chegada dos grandes cruceiros”, sinalou Xosé Merelles, quen avanzou que o segmento do turismo de cruceiros presenta “un comportamento moi positivo”
Galicia marca neste ano, cando menos ata o pasado mes de xullo, un máximo histórico de afluencia de pasaxeiros de cruceiros con 246 mil no conxunto da comunidade