25 enero, 2025
A delegada territorial, Ana Ortiz, destacou a iniciativa do Centro Comercial Aberto de As Travesas na que participaron 117 establecementos
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na entrega dos premios da última campaña de Nadal para dinamizar o comercio de proximidade, apoiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e organizada pola asociación de comerciantes de As Travesas co obxectivo de fomentar o comercio local de cara a estas datas.
A representante autonómica salientou a importancia deste tipo de accións de dinamización para dar vida aos barrios da cidade e impulsar as vendas de Nadal no comercio de proximidade. A iniciativa posta en marcha polo Centro Comercial Aberto de As Travesas (Aetravi) comezou o 12 de decembro e rematou o pasado 5 de xaneiro coa participación dun total de 117 establecementos adheridos.
Entre todas as persoas que fixeron compras por valor de 20 euros sorteáronse cinco experiencias spa para 10 persoas no Hotel Nagari de Vigo con todos os gastos incluídos. O premio consiste nunha noite para dúas persoas con aloxamento dobre.
Alerta