Ana Ortiz con los organizadores del WAKE UP! y ONE DANCE
15 abril, 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes o “éxito total de público” para os festivais Wake UP! e One Dace que se celebrarán esta Semana Santa no Pavillón 3 do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) co apoio do Goberno galego. A representante autonómica salientou que a día de hoxe xa hai preto de 12.500 entradas vendidas para os dous eventos que acollerá Vigo este xoves e sábado.
“A resposta do público reafirma a iniciativa da Xunta para dinamizar a cultura musical na cidade, con dous festivais destinados a diferentes tipos de espectadores, e tamén as condicións ideais do Ifevi para celebrar grandes concertos”, sinalou a representante autonómica.
O Wake UP Festival celebrarase o día 17 de abril (de 18:00 horas a 04:30 horas) e traerá a Vigo a recoñecidos artistas como Adrian Mills, Biia, Deborah de Luca, DJ Swisherman, Fantasm, Isma B e Nina Kraviz. No caso de One Dance, que será o 19 de abril (desde as 18:00 horas ata as 04:00 horas) os invitados son Basshunter, DJ Shas!, Floorfilla, Guru Josh Project, Kate Ryan, Marvin & Andrea Prezioso, Nathalie Aarts, Safri Duo, Soniko – DB, Rob & Mark Deluxe, Viceversa e Pablo Méndez Performances.
Segundo os horarios xa confirmados polos organizadores, Grupo Pelicano e Wake Up! Electronic Parties, o xoves o festival comezará coa actuación de Isma B e rematará con Fantasm. No caso de Once Dance, as seis da tarde saltarán ao escenario DJ Rob, DJ Mark Deluxe, DJ Charlie e DJ Traffic House, mentres que o derradeiro en actuar será Soniko-DB.
Alerta