24 marzo, 2025
A delegada territorial da Xunta mantivo unha reunión de coordinación cos organizadores do evento que se celebrará en Vigo en maio
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este luns o labor que realiza o Festival Azul para difundir o alto valor social e cultural das actividades náuticas. Así o fixo tras manter un encontro cos responsables do evento que se celebrará en diferentes puntos da ría de Vigo o vindeiro mes de maio baixo a organización do Cluster Náutico Rías Baixas.
A representante autonómica incidiu na posibilidade que ofrecerá esta nova edición da iniciativa -entre o 22 e o 25 de maio- para gozar de experiencias únicas na ría de Vigo, que van desde cruceiros guiados ata actividades de iniciación a distintos deportes, charlas e exposicións. “As actividades náuticas son parte esencial para o desenvolvemento social e económico de Galicia, o que ten a súa replica no ámbito deportivo, sinalou”.
O programa da Festival Azul permitirá aos participantes aprender elaboracións no showcooking, pero tamén practicar snorkel nas Islas Cíes ou visitar o observatorio submarino “Nautilus” ou o buque “Hidria Segundo”. Ademais, para fomentar a concienciación ambiental, haberá charlas de formación e instalaranse distintas exposicións gratuítas de temática mariña.
Alerta