Andrés Fernández, CEO do Grupo Zendal, pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

Compartir

Vigo celebrará o Día de Galicia o 3 de agosto en Castrelos. Abel Caballero anunciou que o pregoeiro será Andrés Fernández, o director executivo do Grupo Zendal, o conglomerado empresarial no que se integra Biofabri, que producirá a vacina de Novavax contra a COVID-19 e que ten a planta de produción en O Porriño.

O alcalde explicou que é un homenaxe á ciencia que permitiu dispoñer de vacinas para afrontar a COVID-19 e os profesionais que traballaron nelas. O Grupo Zendal é un conglomerado empresarial no que se integra Biofabri, que producirá a vacina de Novavax.

O rexedor explicou que o fin deste ano é “render tributo á ciencia a aos profesionais que traballaron no desenvolvemento das vacinas”.

Actividades fin de semana

Ao longo da fin de semana haberá actividades e concertos en Vigo. Este venres en Villa Solita estará Noar, coa apertura de portas ás 20:30 horas. Ao longo do venres, sábado, domingo e luns o Interfolc desenvolverase en Castrelos.

Caballero sinalou que seguen a apoiar ás comisións de festas das distintas parroquias de Vigo. Este fin de semana haberá actuacións en Lavadores por Santa Cristina, en Bembrive coa celebración de Santiago Apóstolo e San Cristobal en Candeán.

Ademais, haberá actuacións de banda enmarcadas no ciclo municipal “Vigo, un mar de bandas” e corais dentro do Festival de habaneras “Ao son das Illas Cíes” – “Vigo, un mar de corais” no Mercado do Progreso e na Praza Galegos Ilustres.

Tamén haberá concertos de apoio ao comercio local coa actuación deste venres no Mercado de Teis de Losto Kinsky ás 20 horas e o sábado no mesmo emprazamento e a mesma hora de Black Stereo.