Luis López remarca o apoio da Deputación ás iniciativas de AJE PONTEVEDRA cunha axuda de 3.000 Euros nun encontro institucional coa presidenta María Buceta.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este martes no seu despacho do pazo Provincial á presidenta do colectivo AJE Pontevedra, María Buceta, nun encontro que serviu como presentación institucional entre os dous dirixentes. Ademais, Buceta explicou ao mandatario provincial as principais liñas de traballo da asociación, así como os preparativos da entrega dos premios Joven Empresario de Pontevedra e outras iniciativas.
Luis López destacou o labor que AJE Pontevedra realiza para dinamizar a economía de Pontevedra e a súa comarca e comprometeuse a manter o apoio da Deputación ao colectivo cunha axuda de 3.000 euros.