Aprobada no pleno a nova ordenanza do regulamento das terrazas

Compartir
A tenente de alcalde, Elena Espinosa, no pleno da corporación municipal. Fonte: Concello

Contempláronse as alegacións presentadas pola Federación de Hostaleiros da provincia de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes de Vigo, que plantexaron ampliar horarios en terrazas en situacións excepcionais, xa regulado no artigo 9 do documento, e tamén a utilización de imaxe e son nalgúns eventos especiais que, segundo explicou a tenente de alcalde Elena Espinosa, autorizaranse na Xunta de Goberno Local.

 

 

O pleno aprobou cos votos a favor do Grupo Socialista, o Mixto e o concelleiro Non Adscrito e a abstención do Grupo Popular a nova ordenanza reguladora da instalación de terrazas en espazos de uso público. Logo do período de alegacións, a tenente de alcalde, Elena Espinosa, explicou que dúas das catro presentadas quedan recollidas no novo documento. FEPROHOS plantexou ampliar os horarios en terrazas en situacións excepcionais, o cal segundo explicou a edil no pleno xa está recollido no artigo 9.

Pola súa banda, a Asociación de Comerciantes de Vigo pediu poder utilizar aparatos de imaxe e son, ao que se lles respondeu que poderá autorizarse en eventos especiais e sería autorizado na Xunta de Goberno Local.

O concelleiro Non Adscrito sinalou o “bo camiño” do Goberno Local ao recoller as propostas formuladas pola oposición. O Grupo Mixto pediu control para evitar a competencia desleal na hostalería. Para os populares a ordenanza non ten rigor e lamentaron que non haxa “ningún euro” para axudar ao sector.

Espinosa subliñou que estamos ante “unha ordenanza de apoio ao sector, que potencia a economía e o turismo e é unha ordenanza seria”.