27 octubre, 2021
O 30 de outubro os nenos e nenas arbenses teñen unha cita en Arbo ás 18:00 horas para celebrar o Samaín.
O Outono Cultural de Arbo cumprirá con todas as medidas sanitarias recomendadas
Coa volta do Samaín 2022 a volta da esquina, o Concello avanza que xa ten programada para os cativos da casa un Samain especial adaptado as medidas COVID, baile de esqueletos, tunel do terror, música e moita diversión asegurada.
O Concello de Arbo de Arbo, ven de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades adaptadas as circunstancias, sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
Dentro do programa do “Outono Cultural do ano 2021”, o día 30 de outubro na praza Consitorio ás 18:00 horas ten lugar o Samain, que no caso de mal tempo será trasladada ao Multiusos de Arbo. No caso de mal tempo a actividade trasladase ao Auditorio do Centro Multiusos
Como sempre a entrada e gratuita ata completar aforo e obrigatorio o uso de mascarilla e as demais recomendación recollidas no protocolo COVID.
Dende o Concello de Arbo, solicitamos colaboración dos asistentes, para que se cumpran todas as medidas COVID para o evento, que os nenos e nenas participantes vaian acompañadas por un adulto, que en todo momento se utilice a mascarilla e que se cumpra coas indicacións dadas polos voluntarios e colaboradores do Concello de Arbo, encargados de supervisar e facer cumprir os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias durante toda a actividade.
Alerta