9 julio, 2024
«Campamento de verán», DENDE O 1 DE XULLO ATA O 31 DE AGOSTO, destinado a nenos de 3 a 13 anos.
Entre as actividades programadas atopase eventos culturais, gastronómicos e deportivos adaptados para todolos públicos.
Roi Casal, é a actuación estelar para a XXIX Festa da Lamprea o sábado 10 de agosto na Carballeira de Turbela
O Concello de Arbo, presenta o seu Verán Cultural, con cuarenta actividades, encamiñadas a formentar a participación dos vecinos e veciñas de Arbo e potenciar o turismo coa chegada de visitantes durante estos meses de verán.
Un ano máis e coincidindo coa temporada de verán o Concello de Arbo, organiza o Verán cultural que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro.
A programación que abarca a todos os publicos e moi diversa, pero seguimos no mesmo camiño de promocionar os grupos, as asociación e o patrimonio que a nosa Vila posue. A diversidade de xeneros e grupos do noso concello permite, que durante estos meses as actividades sexan diversas.
Actividades no Campo de Futbol, no Pavillón e na Biblioteca municipal para potenciar as instalacións de Arbo. Senderimos tanto para todos, San Roque, un clásico do noso patron, Campamento de Verán que nos dous primeiros días de inscripción esgotaronse as prazas, Ruta en Bicicleta, Discoteca Móvil, Festa da Espuma, Inchables, concertos, Festas parroquiais…. Entre outras moitas actividades que Arbo ofrece o visitante.
A XXIX Festa da Lamprea Seca, que un ano máis se celebra durante tres días a segunda quincena de agosto (9,10 e 11 na Carballeira de Turbela). Serán tres días nas que terán lugar diversas actividades para todolos públicos, e donde se poderá degustar a Lamprea Rechea en todas ás súas formas, así como viños das adegas do Concello de Arbo presentes e como actuación a destacar a de Roi Casal, todo elo na Carballeira de Turbela, donde se contara con mesas, bancos e sombra para pasar un bo día.
O Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, invita a todos e todas aque veñan a desfrutar das nosas actividades que van dende os máis cativos ata os máis maiores que faran que este verán sexa unha nova forma de ver a nosa Vila, que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo, que coñezan as nosas Rutas de Senderismo,, dos espazos naturais, a disfrutar dos nosos restaurantes, casas de turismo rural e de toda a hostaleria en xeral, porque “Arbo é a Vila da Lamprea, Enogastronomía e Cultura Milenaria“
Alerta