26 noviembre, 2021
O obxecto do contrato é a execución da obra de “Mellora do Lavadoiro de Barcela”.
A actuación prevé a posta en valor do lavadoiro, elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos do Concello.
Con esta son máis dunha veintena de actuación realizadas en lavadoiros e fontes municipais.
O Concello de Arbo, platéxase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración, ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), será financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.
O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo. Situado nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.
AS OBRAS A REALIZAR
As actuacións consisten no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna.
Con esta van unha serie de actuacións de mellora e posta a punta de fontes e lavadoiros realizados durante os últimos anos deste goberno municipal, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, entre os lavadoiros e fontes mellorados están o de Turbela, Ferral, Vieiro, Hermida, Coutada, Perneiral, A Lama, Valiñas, Estación…. entre outros, repartidos por todas as parroquias do municipio.
Alerta