28 octubre, 2021
O pleno do Concello de Arbo en sesión de data 5 de novembro aprobaba o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165, e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”.
As obras que conta entre outros, coa actuacións de Humanización da Rúa, remodelación da rede de abastecemento e saneamento, iluminación e novo mobiliario urbano, cun orzamento de 663.204,03 €, financiado pola Deputacion de Pontevedra, tendo que o Concello de Arbo aportar 198.961.21€.
Horacio Gil, alcalde de Arbo, manifesta “O barrio da Estación tratase dun entorno rural, caracterizado pola sinxeleza dos elementos e simplicidade nos materiais e formas que a caracteriza. Merece a pena fixarse na diferente arquitectura, con casas de dous andares con “buhardillas” inclinadas en tella e carpintería de madeira e nos seus balcóns pechados. “ Un barrio que ademais dispoñía, ademais da estación do tren que únia esta rexión con Madrid e outros lugares de España e Europa, mercado municipal e un longo ect de tendas e comercios, remata o rexedor.
A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento de 663.204,03 € (IVE 21% incluído), pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.
“As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405, tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio.
Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral”, informa Horacio Gil.
O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación, e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.
O convenio asinado, establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 € (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.
Alerta