Arbo organiza o vindeiro día 28 de agosto a ” III Andaina Infantil”

Compartir
III Andaina Infantil en Arbo. Fonte: Concello

O concello de Arbo, organiza a ‘III Andaina Infantil’ para o próximo día 28 de agosto, dentro da actividades comprendidas no ‘Verán Cultural 2021’ e co propósito de dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio, a natureza, as tradicións e as cultura do municipio

 

A saída está proxectada desde a Praza do Concello ás 10:30 horas. Dada ás circunstancias sanitarias e obrigatorio a inscrición no correo electrónico: oficinas.concellodearbo@gmail.com

A actividade é gratuita e ademais, todos os participantes recibiran un agasallo.
Segundo manifestou o alcalde Horacio Gil Expósito, que ademais é a responsable da área de Turismo e promoción do concello de Arbo, «desde o Concello seguimos na mesma liña de promocionar e poñer en valor o noso turismo único, o patrimonio, a paisaxe, a natureza, os carreiros, as pesqueiras, o museo Arabo, as nosas instalacións…. Polo que tamén é importante que os máis pequenos coñezan de primeira man e de forma divertida, esta nova forma de facer deporte».

Nas anteriores ‘ Andainas’, acudiron a esta cita un grupo importante de nenos e nenas que este ano e dada a crise sanitaria ten un limite de 20 participantes.

Durante o verán e nas actividades programadas, dentro do verán cultural encamiñadas á promoción de Arbo, é na súa maior parte dirixida aos máis pequenos, tiveron unha boa acollida e intervención non só de veciños de Arbo, senón de visitantes de concellos limítrofes, ou propios turistas que escolleron Arbo, para tomar un descanso e gozar en familia.