O vindeiro domingo 21 de abril ás 18:00horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, acollerá a Gala da LXIV Festa da Lamprea.
No citado acto farase entrega dos premios ao alumnado do CEIP Antonio Carpintero gañadores/as do concurso de debuxo e redacción da LXIV Festa da Lamprea, do Certame Brais Alonso e do Concurso de Carteis da LXIV Festa da amprea.
Farase un repaso e recoñecemento aos deportistas arbenses que destacaron no ano 2023 e 2024 entre os que se atopan As patinadoras (María, Carmen, Iría, Candela, Daniela, Eliana e Marta), o equipo de biberóns do Arbo C.F, ao futbolista Manu Castro, ao Equipo de Veteranos de Fútbol de Arbo e ao Equipo de Futbol Sala Muebles 2000 F.S Nesta Gala tamén outorgamos o galardón de Arbense Distinguido, máxima distinción que outorga o Concello de Arbo, e que neste 2024 recaiu nos Irmans Puga Justo, Alfonso ( da Capitana), Xesús (Pequerricho) e Xosé (Xosé da Casanova) por ser continuadores da música dos Vellos Gaiteiros, ser unha referencia musical da Vila de Arbo, formar parte da historia da Festa.