Arévalo rodéase dos seus baluartes no comité local do partido, durante unha xornada preparatoria da recta final da lexislatura

Compartir
Recta final da lexislatura. Fonte: Concello

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, rodeouse hoxe dos coordinadores das parroquias do comité local do PP, baluartes da rexedoral local e do partido en Mos, nas instalacións de Zen Suite & Garden en Torroso, durante unha xornada de traballo para preparar a estratexia de fin de lexislatura.

 

Arévalo, e o tenente alcalde e presidente do Comité Local dos populares mosenses, Camilo Augusto, reuníronse xunto co resto de membros do equipo de goberno local, os coordinadores e coordinadoras do Partido Popular de Mos nas dez parroquias mosenses e a deputada autonómica no Parlamento de Galicia, e coordinadora da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez Carrera.

Durante a xornada de traballo todos os presentes puideron participar e enriquecer coas súas propostas a folla de ruta da rexedora local mosense para os vindeiro ano e medio.

 

Recta final da lexislatura. Fonte: Concello

 

Aínda que tal e como ven caracterizando a súa xestión desde o ano 2009, Arévalo basea as directrices da súa folla de ruta en cada lexislatura no estricto cumprimento do programa electoral, (o cumprimento das promesas electorais soe estar sempre no último ano de lexislatura próximo ao 90%), do encontro de hoxe extraeuse tamén o planning de cara a esta recta final da presente lexislatura, establecendo prioridades entre os temas e proxectos pendentes, etc.

 

Recta final da lexislatura. Fonte: Concello

 

Na reunión realizouse unha tormenta de ideas para mellorar e implementar a estratexia na súa recta final e fíxose un repaso do programa electoral de 2019 para chequear a porcentaxe de cumprimento das promesas electorais a data actual, que está próxima ao 80%.

 

Recta final da lexislatura. Fonte: Concello

 

Arévalo avanzou que “na presente lexislatura aínda quedan proxectos ambiciosos que anunciar e iniciar, e que revertirán moito na mellora da calidade de vida dos habitantes de Mos”.

 

Recta final da lexislatura. Fonte: Concello

 

Nidia Arévalo, agradeceu o apoio incondicional de todo o Comité Local do PP de Mos en xeral e, en particular, dos coordinadores alí presentes, que “sodes os meus piares fortes polo voso profundo coñecemento de Mos e das 10 parroquias mosenses, cada un da súa, e por todo o traballo desenvolto nestes últimos anos”.  “Estou moi satisfeita co voso traballo e confío plenamente en vos, polo que vos pido un especial esforzo que eu tamén aplicarei nesta recta final de lexislatura”, concluíu a alcaldesa, quen aproveitou tamén para darlle as grazas polo seu traballo “aos meus compañeiros concelleiros e concelleiras, aos que tamén lles agradezo o seu apoio e forza, e a súa entrega absoluta a este Concello e á súa veciñanza”.