As actividades das bibliotecas continuaron na casa da cultura cunha representación de teatro infantil

Compartir
Thais. Fonte: Concello

Nenos a partir de 3 anos e as súas familias puideron asistir gratuitamente á función.

O 22 de outubro continúan as actividades co espectáculo “A cabeza do dragón” no Auditorio.

 

As actividades do programa de animación á lectura “Ler conta moito” continuaron onte na Casa da Cultura de Valga coa representación de teatro infantil, “Díxoo Thais e non se fale máis”, da compañía A Run Run.

O espectáculo, baseado nun conto, centrouse na historia de Thais, unha nena que vén dunha familia de mulleres ladroas e pensa que o seu oficio xa está predestinado por esa saga familiar. Ata que descubre que non só roubando se pode gañar a vida. No seu desenrolo a obra tratou temas coma os estereotipos de xénero relacionados co ámbito laboral.

 

Thais. Fonte: Concello

 

Eva Tato e Galicia Gutiérrez foron as actrices que protagonizaron a función, acompañadas no escenario por Toño Fernández que puxo a música en directo.

Esta actividade estivo organizada polas bibliotecas Municipais, que para as vindeiras semanas teñen programadas novas iniciativas para os rapaces e as súas familias. O 22 de outubro a compañía Títeres Cachirulo estará no Auditorio, co espectáculo “A cabeza do dragón” e o día 25 pecharase a programación de “Ler conta moito” con “A festa dos monicreques” na Casa da Cultura.

Todas estas actividades son gratuítas.

 

Thais. Fonte: Concello