As axudas do Plan de Vivenda benefician a oito Áreas de Rehabilitación Integral de Vigo

Compartir
Alcalde. Fonte: Concello

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, firmará os convenios do Plan de Vivenda para Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana e Rural que en Vigo afectan ao Casco Vello, Bouzas, Santa Clara, as rúas Bueu e Moaña en Coia e as novas declaradas polo Concello este ano, Beiramar, Espiñeiro Teis, San Pablo e San Roque.

 

Oito zonas de Vigo recibirán axudas do Plan de Vivenda para Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana e Rural. As xa existentes, Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e as rúas Bueu e Moaña en Coia, súmanse Beiramar, Espiñeiro Teis, San Pablo e San Roque.

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana asinará os convenios polos que Vigo recibirá 2.076.650 euros para a remodelación de 308 vivendas dos anos 50, 60 e 70. Abel Caballero afirmou “seguir imparables na rehabilitación de zonas, espazos e vivendas deterioridas na cidade de Vigo”.

O alcalde explicou en rolda de prensa que a subvención é dun máximo do 50% ata os 24.000 euros que poden solicitar tanto propietarios individuais como comunidades de vivendas e edificios. Caballero tamén avanzou que o Concello acometerá a actuacións de urbanización nos espazos públicos dentro das Aris.