28 septiembre, 2021
O concerto de Broken Peach do próximo domingo será o broche final dunha progración con máis de 30 propostas para todos os públicos.
Ponteareas remata este domingo as súas festas de setembro despois de máis de 30 propostas de balde e para todos os públicos. Dende o Concello afirman que “están moi satisfeitos coa acollida da programación por parte da veciñanza”, e anímaos a asistir ás 9 propostas culturais e de animación que se ven celebrar dende este mércores ata o próximo domingo.
A recta final comeza mañá, festivo local, ás 11.30 horas cun pasarrúas de xigantes e cabezudos acompañados do Grupo Folclórico Naiama polo centro urbano, máis tarde, ás 13.30 h, será o lanzamento tradicional dos globos de San Miguel; ás 17 h haberá distintas actividades de animación na rúa e ás 21.00h a orquestra América pechará a xornada no aparcadoiro da Avenida Castelao.
O xoves ás 21.00 horas o parque da Feira Vella acollerá a actuación de Tanxugueiras, mentres que o venres a mesma hora pasará polo mesmo escenario Tania Veiras. A xornada do sábado comeza ás 18.00 horas con animación nas rúas do centro urbano e remata co concerto de A Banda da Loba xunto a un recital poético para festexar a obra de Xela Arias ás 21.00 h no parque da Feira Vella; e o domingo as Festas rematan cunha visita guiada ás 11.30 ao legado arquitectónico dos mestres Cerviño na vila, e co concerto de Broken Peach ás 21.00 horas no parque da Feira Vella.
Alerta