22 junio, 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou da participación deste arquipélago no Workshop de Arquitectura de Venecia, que se celebra do 28 de xuño ao 16 de xullo, baixo o lema Illas. Arquitectura e paisaxe de auga que ten como fin o estudo das paisaxes insulares.
O Concello participa neste evento organizado por Uniscape, a rede de universidades que fomenta os principios da Convención Europea da Paisaxe desde o campo da arquitectura, e a Universidade IUAV de Venecia.O encontro estudará como a paisaxe ten un forte e imprescindible vínculo coa arquitectura. Ademais, a edición deste ano está adicada ás paisaxes insulares, onde se “falará da arquitectura natural das Illas Cíes”, segundo apunta o alcade de Vigo, Abel caballero.
Para o rexedor a participación das illas viguesas neste evento internacional implica un recoñecemento da paisaxe insular á candidatura da Unesco. Según explica estas “son as únicas illas deshabitadas que participan no Workshop de Venecia” e, con isto, “sentimos reforzada a nosa posición de Cíes, Patrimonio da Humanidade porque ten presenza en tódolos foros sobre medioambiente ou patrimonio, nos certames máis importantes o mundo”.
As Illas Cíes compartirán espazo no Workshop de Arquitectura de Venecia con Illa Cristina, Illas Canarias, Ibiza e Menorca, ademais dun amplo número de illas e arquipélagos de todo o mundo. Nel participarán 25 equipos de 25 illas durante as tres semanas coa presenza de 1.200 estudantes de arquitectura, dirixidos por profesores e proxectistas de renome internacional.
Sobre a Unesco, o alcalde censurou que a Xunta fixera un “moi mal enfoque da candidatura de Ribeira Sacra” a Patrimonio Mundial da Humanidade” e que a “levara ao fracaso como responsable única, sendo unha zona privilexiada e excepcional. Sempre quixen que fose antes que as Cíes”.
Alerta