As obras de mellora do servizos continúan co investimento de 112.300 euros en saneamento

Compartir
Saneamento. Fonte: Concello

Estase a instalar máis dun quilómetro de canalizacións cos seus pozos de rexistro.

Os traballos lévanse a cabo en Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza.

 

As obras para a mellora dos servizos que se prestan aos veciños continúan desenvolvéndose en distintos puntos do municipio. Acondicionamento de estradas, ampliación de beirarrúas, creación de prazas deestacionamento e tamén actuacións na rede de saneamento.

 

Saneamento. Fonte: Concello

 

Estas últimas están executándose nos lugares de Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza por parte da empresa Covsa e cun investimento de 112.343 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación.

 

Saneamento. Fonte: Concello

A actuación permitirá dotar a estas zonas de rede de sumidoiros coa instalación de máis dun quilómetro de novas canalizacións con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así coma os correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometida das vivendas.

Deste xeito mellorarase a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas existentes nestas zonas, eliminando os pozos negros e fosas sépticas existentes e evitando así posibles focos de contaminación ambiental.

 

Saneamento. Fonte: Concello