16 agosto, 2024
Cada vez que alguén merca unha entrada en Ataquilla.com apoia un proxecto social.
No 2023 aconteceu preto de 900.000 veces.
O servizo desenvolto dende Galicia para facilitar a reserva e compra de billetes en liña é un caso único en España: todos os seus beneficios, obtidos pola actividades de comercialización de billetes para eventos, devólvenselle á sociedade a través de proxectos desenvoltos por Afundación.
Cando está a piques de acadar un millón de entradas distribuídas cada ano, un fito que subliña o seu papel esencial na promoción cultural e social en Galicia, a plataforma tecnolóxica que permite a comercialización de entradas renóvase por completo.
Con esta actualización, a plataforma non só mellor a súa aparencia, senón que tamén optimiza o seu rendemento e usabilidade, permitindo unha navegación máis fluída e unha maior capacidade de resposta aos picos de demanda.
Alerta