9 septiembre, 2021
O Concello de Ribadumia informa que a parroquia de Lois, contou co servizo de atención ó público para poder axudar a todos os veciños, que o precisasen, na tramitación do cambio de numeración das súas vivendas, despois do traballo de renumeración municipal
Este servizo tivo una moi boa acollida nas parroquias de Besomaño e Leiro, onde se tivo que ampliar o servizo varios días debido a afluencia e demanda orixinadas.
O persoal municipal estivo a disposición dos veciños e veciñas da parroquia os días 1, 2, 3, 6 e 7 de setembro en horario de atención de 9:30 a 14 horas, centrándose en aclarar as dúbidas e facilitarlles os trámites de cambio de numeración tanto no que respecta ás institución públicas como ás privadas.
Na parroquia de Lois, foron atendidos na primeira semana de setembro, concretamente os días 1, 2 e 3, un total de 53 veciños namentres que na segunda semana, nos días 6 e 7, achegáronse un total de 58, o que supón en total case un 65% dos veciños efectivamente notificados.
Con este servizo, dende o Concello inténtase facilitar e axilizar o máis cómodamente posible a transición da vella numeración á nova, ocasionándolle as mínimas complicacións á veciñanza.
Neste mesmo sentido, comunícase que se suspende a atención ós veciños das demais parroquias durante o período de vendima, retomándose en Ribadumia cando esta remate, ó igual que os traballos de colocación das placas subministradas polo Concello coa nova numeración.
Alerta