29 septiembre, 2021
A Concelleira de Cultura e instructora do expediente Beatriz Rodríguez, reuniuse esta mañá co presidente do Club de Opinión Portocelo, Ángel García Carragal, entidade propulsora da iniciativa, co apoio de moitas outras asociacións.
Cando o expediente estea rematado, pasará a exposición pública para poder abrir este proceso a toda a cidadanía, co obxectivo de que participe e aporte datos interesantes sobre a traxectoria laboral e persoal do estudoso Marinense.
Nesta reunión, a Concelleira e o Presidente do colectivo puxeron en común as achegas sobre a vida e a traxectoria académica e investigadora de Blanco Freijeiro, para poder encher de contido o expediente co que se oficializará o seu nomeamento como fillo predilecto da nosa vila.
A Concelleira recordou que despois deste proceso, o expediente pasará a exposición pública. Colgarase na web do Concello e no panel informativo nas dependencias municipais para “abrir este proceso á veciñanza”, de tal xeito que poidan aportar datos ou cuestións que se consideren de relevancia para completar ao máximo o puzzle de recoñecementos, traballos e méritos que acumulou Blanco Freijeiro ao longo da súa vida.
O obxectivo é poder aprobar definitivamente o nomeamento no Pleno de novembro, antes de que se celebre unha nova edición das Xornadas Blanco Freijeiro, que servirán de marco para todos os actos e accións que se levarán a cabo para promocionar e alentar o nomeamento.
Alerta