O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, vai realizar este domingo 30 de xullo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo por dar a coñecer a Serra da Groba e os Cabalos Garranos. Todo iso co fin de abrirse aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento.
Utilizando como principal ferramenta o márketing virtual en vivo con visitas virtuais en directo, con esta iniciativa preténdese atraer á Real Villa novos viaxeiros internacionais e tamén nacionais coa finalidade de que logo visiten presencialmente o destino.
A inserción promocional de Baiona e do seu espectacular entorno natural como destino turístico na plataforma dixital Youtube, ofrecerá dous circuítos ou viaxes virtuais en directo a cidadáns de todo o mundo.
Este domingo 30 de xullo a conexión será ás 21:30h. A audiencia adoita ser, maiormente, de EE.UU., Canadá, Reino Unido, Australia ou Nova Zelandia. Tamén de varios países europeos e mesmo de Xapón e China.
Todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o noso maravilloso entrono natural, os nos cabalos salvaxes así como gozar da nosa magnífica posta de sol desde este enclave do noso monte, poderán conectarse de forma gratuíta en directo hoy ás 21:30h desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a internet e gozar da emisión. Na conexión tamén participará Adrián Martíns, ideólogo dos Safari Etolóxico de Garranos pola Serra da Groba.