Banastra e Concello de Ponteareas organizan este sábado unha festa de Samaín

Compartir
Samaín Ponteareas. Fonte: Concello

Os nenos e nenas poderán facer truco o trato durante todo o día nos locais que forman parte da federación.

 

Banastra, a federación do comercio, hostalería e servizos de Ponteareas, organiza este sábado xunto ao Concello unha festa de Samaín con actividades para todo o día.

A xornada comezará ás 11.00 horas na praza de abastos cun obradoiro de cociña terrorífica que rematará ás 13.00 h, de 17.00 h a 19.00h;  haberá un obradoiro de maquillaxe terrorífico e de figuriñas monstruosas na Praza Maior, e ás 20.00 h, no mesmo lugar, os mozos e mozas e os adultos e adultas poderán presumir dos seus disfraces nun concurso.

Ademais durante toda a xornada os nenos e nenas poderán facer truco o trato nos locais que forman parte de Banastra. En caso de choiva a xornada será trasladada ao vindeiro venres.

O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, agradece a Banastra “o seu traballo para organizar esta xornada”, e tamén “por non deixar de realizar actividades para dinamizar a economía da nosa vila”. O edil anima a veciñanza “a sumarse a festa de Samaín de Ponteareas”.

Para inscribirse nas distintas actividades é preciso chamar ao 682 824 605 ou contactar a través do correo federacionponteareas@hotmail.com

A organización tamén prepara actividades de baile e de animación infantil para que as rúas de Ponteareas “vivan o Samaín ao máximo”.