28 octubre, 2021
A Xunta de Goberno local de Barro adxudicou o proxecto de
redacción da nova EDAR municipal no lugar do Carballal á empresa
Cuartazona Ingeniería S.L., por ser a que presentou a mellor oferta
económica sobre un orzamento base de licitación de 44.788,09 euros, que
se financiará con fondos propios municipais.
A elaboración deste proxecto é un chanzo máis no obxectivo do
Goberno municipal de estender este servizo á maior parte das vivendas do
concello xa que, a día de hoxe, exceptuando a veciñanza do núcleo urbano,
só teñen acceso á rede de sanemaento de augas residuais poucas vivendas
da parte rural do municipio.
Hai dous anos o Alcalde asinaba a compra por valor de 53.000 euros
dunha parcela no lugar do Carballal de máis de 7.000 m2 a carón da N-550,
cuxa localización está avalada por un estudo técnico, para albergar unha
EDAR moderna que dea servizo a todo o Concello e que, ademais, poida ter
capacidade para máis vivendas que das actuais, contemplando a
posibilidade de crecemento a largo prazo do municipio.
O Goberno municipal márcase como obxectivo prioritario unha vez
finalizada a redacción deste proxecto a búsqueda de financiamento doutras
administracións, para que sexa unha realidade o máis pronto posible.
Alerta