5 noviembre, 2021
O concello de Barro solicitará unha subvención valorada en 262.583 ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dentro do programa DOUS 5000, para seguir modernizando a rede de iluminación pública, coa renovación dos cadros de mando e a substitución de 513 luminarias máis das tradicionais por unhas novas de tecnoloxía LED.
Para o Goberno municipal o aforro enerxético e a redución da pegada de carbono é unha prioridade, polo que aposta decididamente pola implantación da tecnoloxía LED en todo o termo municipal, un sistema co que se garante un 45% do aforro enerxético. Esta subvención permitiría ao Goberno local a renovación e modernización dos cadros eléctricos e a implantación de máis de 500 novos puntos LED, que se virían sumar aos 243 xa en funcionamento e aos 402 que xa están aprobados e pendentes de executar e que sumarían un total de 1.156 luminaris substituídas por unhas modernas de baixo consumo e alto rendemento.
Neste intre, Barro xa contan con tecnoloxía LED as 46 luminarias do pol. de Sequeiros, cuxa actuación contou cun orzamento de 20.228,63 euros, e tamén o treito da N-550 e os núcleos colindantes, dentro do proxecto do IDAE 1.
As 402 luminarias pendentes de executar terán un orzamento de arredor de 200.000 euros, que se financiará nun 80% cunha subvención do IDAE e nun 20% con fondos propios. Con este proxecto actuarase no núcleo do Santo Antoniño; ao longo da PO-531 e os núcleos colindantes e o Polígono de Outeda.
Alerta