1 abril, 2024
Paloma Castro, Julio Abalde e Lara Méndez serán secretarias e secretario das mesas das comisións Institucional, do Consello de Contas e do Estatuto do Deputado, respectivamente
O portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, e as viceportavoces Patricia Iglesias e Elena Espinosa serán os representantes do Grupo Socialista na Deputación Permanente do Parlamento. Hoxe foron constituídas as comisións da Cámara Autonómica, nas que foron elixidos os órganos de dirección das mesmas, incluíndo a Paloma Castro, Carlos López Font e Lara Méndez como secretarias e secretario das mesas das comisións Institucional, do Consello de Contas e do Estatuto do Deputado, respectivamente.
Tal e como sinalou a semana pasada o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o obxectivo é despregar unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos de Galicia e co obxectivo de reivindicar e poñer en valor o traballo do Parlamento como Cámara de representación de tódolos galegos e galegas.
As parlamentarias e parlamentarios socialistas afrontan unha nova etapa centrada na presentación de propostas alternativas solventes ao goberno do PP pero mantendo o ánimo fiscalizador da actividade da Xunta de Galicia e na atención aos problemas reais dos galegos e das galegas. Os socialistas galegos anunciaron unha oposición en positivo, ademais de responsable e vixilante “para que a Xunta eleve o nivel” e afastada da liña “irresponsable e destrutiva” do PP en Madrid.
Representantes do Grupo Socialista nas comisións do Parlamento:
Deputación Permanente
Titulares:
José Ramón Gómez Besteiro
Patricia Iglesias
Elena Espinosa
Suplentes:
Carmen R. Dacosta
Lara Méndez
Paloma Castro
Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Paloma Castro (secretaria da Mesa)
Patricia Iglesias (voceira)
Comisión 2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
Carlos López Font (voceiro)
Paloma Castro
Comisión 3ª Economía, Facenda e Orzamentos
Patricia Iglesias (voceira)
Elena Espinosa
Comisión 4ª Educación e Cultura
Julio Abalde (voceiro)
Silvia Longueira
Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego
Elena Espinosa (voceira)
Silvia Longueira
Comisión 6ª Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Lara Méndez (voceira)
Patricia Iglesias
Comisión 7ª Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes
Carmen R. Dacosta (voceira)
Lara Méndez
Comisión 8ª Pesca e Marisqueo
Carlos López Font (voceiro)
Julio Abalde
Comisión do Regulamento
Carlos López Font (voceiro)
Patricia Iglesias
Comisión de Peticións
Paloma Castro (voceira)
Comisión do Estatuto do Deputado
Lara Méndez (secretaria da Mesa)
Comisión Permanente non Lexislativa de Control da CRTVG
Silvia Longueira (voceira)
Carmen R. Dacostas
Comisión Permanente non Lexislativa para as relacións co Consello de Contas
Julio Abalde (secretario da Mesa)
Elena Espinosa (voceira)
Alerta