3 septiembre, 2021
Despois de menos dun mes dende o inicio da andadura do SERVIZO ATENCIÓN TEMPERÁ (SAT), no noso Concello en colaboración cos Concellos de Arbo e Crecente, infórmannos da boa posta en marcha e funcionamento do servizo
A día de hoxe teñen avaliado xa a 10 familias e 11 nen@s. Actualmente atópanse na fase da avaliación dos menores.
A atención temperá é unha área onde a familia é unha peza clave, polo que a avaliación e traballo con éstas será un elemento fundamental.
O SAT é un servizo que vai da man do servizo de pediatría, de onde deben virlles derivados @s menores, e co cal traballarán en absoluta colaboración.
Do mesmo xeito e, o seguinte que se fará, é que o SAT coordinarase asimesmo cos equipos de orientación dos centros educativos da localidade, para atender todas as necesidades que poidan xurdir n@s nos@s menores.
Por outra banda e para toda consulta relacionada, calquera persoa pode poñerse en contacto directamente co Servizo de Atención Temperá os martes e xoves polo momento no seguinte horario:
Martes 09:00 – 14:30h.
Xoves 9.00- 14.30 e de 16.00 a 18.00h.
Así como a través do tlf directo do Servizo 638204413, ou ben poden escribirlles tamén ao seguinte correo electrónico:
sat.grupoarbo@coescoformacion.com
Alerta